ARTEFÍOS

Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual

Octubre 17, 2023

Nós

Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual. A nosa misión é a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios/ as a través dun centro ocupacional e un centro especial de emprego.

Nós

Dende 1989

A Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual atende as necesidades deste colectivo no ámbito laboral, social e persoal, a través dun centro ocupacional e dun centro especial de emprego para facilitar o seu desenvolvemento nun ambiente de confianza e respecto.

 VALORES

  • Confianza en levar a cabo a nosa visión e misión.
  • Respecto. Queremos facer as cousas ben respectando a liberdade individual, a dignidade e a igualdade.
  • Transparencia. Transmitimos unha información clara e dispoñible a todas e todos os membros da organización.
  • Apertura ao exterior e aberta a novos coñecementos, experiencias e intercambios.
  • Integración. Esforzámonos pola integración plena das persoas con discapacidade intelectual.
  • Participación. A opinión de todas e todos os  membros da entidade é importante posto que todos e todas xuntos temos a forza para mellorar.
  • Solidariedade. Traballamos para favorecer o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual.
  • Traballo en equipo. Traballamos de maneira conxunta, baseándonos no diálogo e a colaboración para lograr alcanzar a nosa misión.

VISIÓN

Perseguimos que a asociación preste máis servizos aos usuarios e usuarias cubrindo as súas necesidades, que sexa coñecida no exterior e que alcancen un desenvolvemento persoal pleno, nun ambiente integrador, participativo, de convivencia e ilusión.

POLÍTICA DE CALIDADE

A Xunta Directiva de Artefios asegura o cumprimento de toda a normativa de aplicación e mellora continua do sistema de xestión de calidade, Seguindo esa política de mellora constante,  desde 2018 contamos co Certificado AENOR de Xestión de Calidade, ISO 9001 pola nosa prestación de servizos de prevención de “as situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con diversidade funcional”.