Centros/servizos
Os nosos Centros

É un servizo de atención diúrna destinado a persoas de entre 18 e 60 anos, con diversidade funcional no eido intelectual e necesidades de apoio límite e intermitente.
A súa principal finalidade é proporcionar un emprego remunerado e a adquisición das habilidades precisas para o tránsito ao emprego ordinario.
OUTROS SERVIZOS
|
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO Artefios informa as familias e usurias/os sobre os seus dereitos e os recursos sociais existentes. Desde este servizo atendemos todas as demandas que poidan expornos, e enviámoslles de forma puntual todas as noticias destacadas da asociación e da comunidade. |
ATENCIÓN A FAMILIAS O equipo multidisciplinar de profesionais da asociación orienta ás familias na toma de decisións en relación ao axuste persoal e familiar dos usuarios/ as e proporciona o apoio necesario en situacións de crise. Esta atención desenvólvese a través de intervención directa (consultas telefónicas, reunións persoais) e con actividades formativas |
|
COMEDOR No servizo de comedor fomentamos hábitos alimenticios saudables, ofrecendo aos nosos usuarios e usuarias unha dieta equilibrada. Ademais, permítenos reforzar habilidades instrumentais para a vida diaria como: organizar a mesa, tarefas de limpeza, cal é o protocolo á hora para comer, regras e cortesía. |
PSICOLOXÍA Todas as semanas os/ as usuarios/ as de Artefios teñen dinámicas grupais e de atención individualizada co noso psicólogo. Tamén se organizan talleres informativos para as familias enmarcados dentro do plan de axuste persoal e social. |





