Centro Especial de Emprego
Contamos cun Centro Especial de Emprego cuxa finalidade principal é proporcionar traballo remunerado e fomentar a adquisición das habilidades necesarias para o tránsito ao mercado laboral. Para iso dispoñemos dun taller de téxtil e dun taller de xoiería.

No tear traballa un artesán con discapacidade intelectual contratado para traballar nos nosos teares de baixo e alto lizo confeccionando chales, bufandas, toallas, camiños de mesa, teas…
As pezas están recoñecidas coa Marca Artesanía de Galicia.
PUNTOS DE VENTA
- Artefios: Rúa Simón Bolivar, nº 23 baixo. 15011 A Coruña
- Horario: 9 a 17 horas
- Xullo de 9 a 15 horas
- Agosto pechado
- Feiras:
- Mostrart. Feira de Artesanía de Galicia. Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña). Primeira quincena de agosto
- MÁIS QUE CAPACES. Feira de autónomos de Galicia
- Por encargo no teléfono 981129 788 ou enviando un correo a artefios@artefios.org