ARTEFÍOS

Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual

Julio 16, 2025

Visita institucional

Representantes da Xunta valoran o noso traballo coa artesanía e inclusión social

Visita institucional

 Onte recibimos a visita da delegada da Xunta de Galicia, dona Belén do Campo e do director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, don Juan José Couce.

Desde a Asociación Artefíos queremos expresar o noso máis sincero agradecemento polo seu apoio continuo ás políticas de impulso da comercialización da artesanía de Galicia, e moi especialmente polo seu interese en programas como o noso, que empregan a artesanía como ferramenta de inclusión social das persoas con discapacidade intelectual. 

 Podedes ver maís imaxes na seguinte ligazón:

 https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/014976/belen-campo-anima-los-talleres-artesanos-ayuntamientos-asociaciones-profesionales