ARTEFÍOS

Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual

Mayo 6, 2026

Visitamos o Parque de Bombeiros

Unha visita de 10

Visitamos o Parque de Bombeiros

O pasado 30 de abril visitamos o parque de bombeiros da Coruña, onde Chechu e César nos achegaron ao seu traballo e nos ensinaron de primeira man como é o día a día dos bombeiros.

Durante a visita puidemos coñecer as súas instalacións, descubrir o funcionamento de moitos dos seus materiais e vehículos, e aprender a importancia do traballo en equipo, da prevención e da axuda aos demais. Ademais, vivimos unha experiencia moi divertida e enriquecedora, chea de curiosidades e momentos para lembrar.

Queremos darlles as grazas a Chechu e César pola súa cercanía, paciencia e por ensinarnos tanto durante esta xornada tan especial.

Máis imáxenes aquí