Contamos cun Centro Especial de Emprego cuxa finalidade principal é proporcionar traballo remunerado e fomentar a adquisición das habilidades necesarias para o tránsito ao mercado laboral. Para iso dispoñemos dun taller de téxtil e dun taller de xoiería.
O Centro Ocupacional é un servizo de atención diúrna destinado a persoas de entre 18 e 60 anos con diversidade funcional no ámbito intelectual e con necesidades de apoio límite e intermitente. O obxectivo principal é alcanzar un mellor axuste persoal, social e laboral que favoreza a súa integración na vida comunitaria e na sociedade.